Sede electrónica Concello de Coristanco

22:43:43 Xoves 17 de xuño 2021

Información

SECRETARIA

04/06/2021

INMATRICULACIÓN DE FINCA NON INSCRITA NO REXISTRO DA PROPIEDADE

CARLOS-ANDRES MOSQUERA DELGADO, Notario do Ilustre Colegio de Galicia, con residencia en CARBALLO: 

FAGO CONSTAR: 

Que na miña Notaría tramítase ACTA DE NOTORIEDADE PARA INMATRICULACION DE FINCA NON INSCRITA NO REXISTRO DA PROPIEDADE, a instancia de DONA EDITA SEOANE CIVES, co fin de acreditar que os cónxuxes DON MANUEL SEOANE FERNANDEZ Y DOÑA IRENE CIVES VELO, tiveron como donos da seguinte finca: 

Sita no lugar da Rabadeira, parroquia de Seavia, municipio de Coristanco (A Coruña):

- Finca denominada "CASA BELLA", tamén coñecida por "CURRAL BELLO", que ten unha superficie de dúas áreas e setenta e cinco centiáreas (275 m2). Linda: Norte, finca de dona Edita Seoane Cives; Sur, Adolfo Sande Sande (parcela 04); Este, carretera que vai a Santa Comba; e Oeste, Adolfo Sande Sande (parcela 25).

2-. TITULO: A finca descrita foi adquirida por DONA EDITA SEOANE CIVES, por adxudicación que lle fixeron seus pais, DON MANUEL SEOANE FERNANDEZ e DONA IRENE CIVES VELO, mediante Escritura outorgada ante mín, Carlos-Andrés Mosquera Delgado, o día dez de Novembro de dous mil vinte, co número 1.788 de protocolo, sendo adquirida polos cónxuxes, a don Herminio Velo Barca e as irmáns dona Carmen, dona Digna e dona Angélica Velo Pena, mediante documento privado de data cinco de Xaneiro de dous mil trece. 

3.- REFERENCIA REXISTRAL: Non consta inscrita no Rexistro da Propiedade. 

4.- Referencia catastral: 0279903NH2708S0001HA

Durante o prazo de vinte días naturais, contados dende a publicación deste edicto no taboleiro de anuncios do Concello, poderán os interesados comparecer na miña Notaría sita en Carballo, na rúa da Estrela, número 5, 1º, en horas de despacho, para oporse a tramitación da mesma ou alegar o que estimen oportuno na defensa dos seus dereitos. 

En Carballo, a dous de Xuño de dous mil vinteun. 


Xustificantes de Publicación: