Sede electrónica Concello de Coristanco

18:24:07 Martes 26 de maio 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida

O procedemento de "solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida" ten como obxecto facilitarlles a tarxeta de estacionamento aos veciños ou veciñas do municipio con graves problemas de mobilidade, como documento acreditativo da súa situación, con carácter persoal e intransferible, coa finalidade de favorecer o uso dos transportes privados e para que o seu titular poida gozar das facilidades de estacionamento relacionadas con ela.

Persoas físicas que, atopándose legalmente en situación de mobilidade reducida/discapacidade, e estando empadroadas no municipio, desexen solicitar unha tarxeta de estacionamento e accesibilidade.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

Requisitos:

  1. Estar empadroado e residir no Concello de Coristanco, o que será comprobado pola propia administración local.
  2. Dispoñer de Certificado de Discapacidade onde se recoñezan dificultades de mobilidade para utilizar transportes colectivos.

    Documentación:
  • Solicitude do tarxetas de accesibilidade e estacionamento para discapacitados.
  • Copia do certificado de grao de discapacidade, resolución de recoñecemento do grao de discapacidade e ditame técnico facultativo emitido polos Equipos de Valoración e Orientación (EVO) dependentes das Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, ou polos doutras Comunidades Autónomas, indicando o grao de discapacidade.
  • Foto tamaño carné do solicitante.
  • No caso que o solicitante sexa persoa xurídica, deberá aportar a documentación do vehículo e ITV en vigor.

Nome: Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.

Unidade tramitadora:
Servizos Sociais.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de execución:
3 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.