Sede electrónica Ayuntamiento de Coristanco

11:28:38 Jueves 24 de abril 2025

Información

SECRETARIA

31/03/2025

CAMPAMENTO VERÁN 2025 CONCILIACIÓN

EXP: 2025/D002/000002


 


 

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA: CAMPAMENTO VERÁN 2025 CONCILIACIÓN

EXPEDIENTE: 2025/G003/000293

 


 

ANTECEDENTES:

O Concello de Coristanco quere ofertar unha interesante e atractiva opción de conciliación de VERÁN 2025 ( 23 de xuño ao 12 de setembro); aprender xogando e convivindo cos demais e co entorno que nos rodea, descubrindo no deporte e na natureza as mellores fontes de ocio. Esta é unha proposta que presenta un programa de actividades culturais, deportivas e recreativas que pretende combinar a aventura co deporte e o formativo co lúdico, a través dunha metodoloxía activa, participativa, integradora e dinámica que teña aos máis pequenos como protagonistas. Esta planificación de actividades será multidisciplinar, desenvolta en diferentes bloques temáticos:

  • Educación ambiental: xogos de campo, itinerarios de identificación de elementos naturais, caderno da natureza, reciclaxe artística...

  • Actividades de animación e convivencia: reunións, traballo en equipo, xogos de resolución de conflitos, xogos de expresión...

  • Actividades culturais: polas que se dará a coñecer a zona e o entorno, coñecendo as tradicións e recursos naturais, talleres de artesanía e modelado de arxila.

  • Actividades deportivas: sendeirismo, gymkanas temáticas, xogo no medio natural, xogos de pistas, xogos de habilidade e enxeño, xogos con paracaídas, xogo de relevos...


 

Obxectivo xeral:

Ofrecer apoio a conciliación da vida familiar, laboral e persoal. Facilitar recursos de ocio e tempo libre para nenos de 3 a 16 anos no Concello de Coristanco.

Obxectivos específicos do servizo:

  • Crear un espazo para o crecemento persoal de nenos e nenas a través do xogo e a participación en actividades lúdico-formativas.

  • Crear un espazo para o fomento do uso do galego.

  • Fomentar nos nenos e nenas valores e actitudes de respecto ao medio ambiente e consumo responsable.

  • Traballar a autoestima individual e de grupo.

  • Promover programas educativos sobre os hábitos saudables (alimentación, medidas hixiénicosanitarias...)

  • A Coeducación, igualdade de xénero e interculturalidade.

  • Mellora da psicomotricidade e manexo de habilidades pre-deportivas.


 

Tendo en conta o anterior, de conformidade coas atribucións que me confire o art. 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, RESOLVO:

PRIMEIRO: Aprobar as seguintes Bases e normas de funcionamento e organización do Campamento de Conciliación de Verán 2025.

BASES E NORMAS DE FUNCIONAMENTO E ORGANIZACIÓN DOS CAMPAMENTOS DE CONCILIACIÓN DE VERÁN 2025 FUNCIONAMENTO:

  1. O campamento está destinado ás nenas e nenos con idades comprendidas entre os 3 e 16 anos.

  2. Será requisito para acceder ao servizo estar inscrito no Programa de Conciliación Xermolar e empadroado no Concello de Coristanco e/ou matriculado/a nun centro escolar do Concello de Coristanco.

  3. Disporase dun total de 50 prazas. Para a posta en marcha do servizo é necesario contar cun número mínimo de 10 usuarios.

  4. O lugar de realización será na Area Recreativa da Rocheira.

  5. O servizo prestarase de luns a venres en horario de 9h a 14h ( do 23 de xuño ao 12 de setembro de 2025).

  6. As solicitudes faranse segundo o modelo oficial que figura como Anexo I destas bases e presentaranse preferentemente de xeito telemático a través da Sede Electrónica Municipal (www.coristanco.gal) ou ben de forma presencial no rexistro xeral do Concello.

  7. Farase unha solicitude individual por cada nena/o aínda que pertenzan á mesma unidade familiar.

  8. Fíxase un prazo de prescrición dende o luns 31 de marzo ao venres 11 de abril de 2025.

  9. Fíxase un pazo de renuncias de 10 dias hábiles, dende o día seguinte á publicación da listaxe provisional de admitidos.

  10. Unha vez rematado o prazo de renuncias, publicarase a listaxe definitiva e listaxe de agarda. O día seguinte desta publicación, os admitidos terán un prazo de 5 días para a formalización da inscrición e o pago da taxa correspondente.

  11. Os criterios de valoración serán principalmente as necesidades de conciliación obxectivamente demostradas: xornada laboral dos proxenitores e non dispoñibilidade de redes de apoio familiar para o coidado das súas fillas e fillos.


 

CRITERIOS DE VALORACIÓN (Máximo de 85 PUNTOS)

  • Non superar a renda da unidade familiar en 6,5 veces o IPREM 2023, tendo preferencia os de menos ingresos 10 PUNTOS

  • As traballadoras que teñan a consideración de vítimas de violencia de xénero para atender o coidado da filla ou fillo, tanto cando sexa por natureza como por adopción, ou no supostos de acollemento permanente ou garda con fin de adopción. 10 PUNTOS

  • Para atender ao coidado de algún membro da unidade familiar que teña recoñecido un grado de discapacidade igual ou superior ao 33%. 10 PUNTOS

  • Familias monoparentais. 10 PUNTOS

  • Familias numerosas. 10 PUNTOS

  • Con necesidade de conciliación obxectivamente demostradas. 10 PUNTOS

  • Empadroados no concello. 10 PUNTOS

  • Non empadronados con posto de traballo no municipio ou algún domicilio fiscal no mesmo. 5 PUNTOS

  • Empadroados ou non no Concello, que cursen estudos nalgún dos centros do municipio. 5 PUNTOS

  • Con necesidade de conciliación aínda que só traballe un proxenitor. 5 PUNTOS

     


 

10. QUENDAS DISPOÑIBLES, podendo escoller ata un máximo de 9 quendas, distribuídas das seguinte forma:

  • 1ª QUENDA: semana do 23 ao 27 de xuño

  • 2ª QUENDA: semana do 30 de xuño ao 4 de xullo

  • 3ª QUENDA: semana do 7 ao 11 de xullo

  • 4ª QUENDA: semana do 14 ao 18 de xullo

  • 5ª QUENDA: semana do 21 ao 24 de xullo

  • 6ª QUENDA: semana do 28 de xullo ao 1 de agosto

  • 7ª QUENDA: semana do 4 ao 8 de agosto

  • 8ª QUENDA: semana do 11 ao 14 de agosto

  • 9ª QUENDA: semana do 18 ao 22 de agosto

  • 10ª QUENDA: semana do 25 ao 29 de agosto

  • 11ª QUENDA: semana do 1 ao 5 de setembro

  • 12ª QUENDA:semana do 8 ao 12 de setembro


 


 

11. A taxa será de 20 euros neno e quenda.

12. A alta ou baixa do servizo deberá ser notificada por escrito á carmen.villar@coristanco.gal . Aínda que o desestimento ou renuncia a actividade por parte do solicitante, unha vez iniciada a prestación do servizo, non dará dereito á devolución da taxa, salvo por causa imputable á administración.

13. Unha vez adxudicadas as prazas crearase unha listaxe de agarda segundo a puntuación obtida no período ordinario de inscrición. No caso de quedar prazas unha vez publicadas as listaxes definitivas, poderase acudir á mesma para cubrir as prazas dispoñibles.

14. Serán causa de extinción do servizo e baixa no mesmo o seguinte:

  • Incumprimento dos requisitos establecidos

  • Incumprimento das normas de convivencia establecidas

  • Por solicitude da/o nai/pai ou representantes legais( no período establecido)

  • A comprobación de falsidade na documentación achegada

  • A non asistencia ao campamento, sen causa debidamente xustificada.

15. As familias deberán cumprir estritamente tódalas condicións e medidas que se lles indiquen como forma de protección da saúde de tódalas persoas participantes.

16. ORGANIZACIÓN:

1. Manteranse as medidas de hixienización nos lugares onde se realicen as actividades.

2. As familias deberán estar localizadas e en disposición de recoller á persoa participante de forma relativamente pronto no caso de que así se requira polo monitorado do campamento. Para isto, facilitarase un contacto que poida estar dispoñible de ser preciso.

3. O Concello de Coristanco resérvase o dereito á reorganización, adaptacións e/ou suspensión do servizo se a situación sanitaria e/ou económica así o require.

Por último recalcamos a nosa gratitude ante a vosa confianza e apoio, alimentando a ilusión que poñemos en sacar adiante este proxecto.

MATERIAL NECESARIO:

  • Roupa cómoda.(toda identificada co nome).

  • Zapato pechado.

  • Protector solar (primeira aplicación dende a casa).

  • Roupa de baño( bañador, gorro de piscina, chanclas e toalla).

  • Botas de auga e chuvasqueiro en bolsa aparte e identificado.

  • Gorra.

  • Muda completa para imprevistos.

  • Auga individual e con identificación.

  • Aperitivo para media mañá.

  • Desaconsellase traer xoguetes ou dispositivos electrónicos que faciliten que o neno ou nena se ille do grupo ou poida chegar a ser foco de manipulación conxunta.

  • O material para xogos e actividades será proporcionado pola empresa concesionaria da actividade e distribuído polos monitores non sendo preciso a achega de material por parte das familias.

RECOMENDACIÓNS:

  • Pulseira repelente de mosquitos.


 


 


 


 

ANEXO I

SOLICITUDE DA PRAZA PARA O CAMPAMENTO DE VERÁN 2025 DO CONCELLO DE CORISTANCO

DATOS DA NENA/O

NOME E APELIDOS

DNI

DATA DE NACEMENTO

ENDEREZO

A/O NENA/O TEN INTOLERANCIAS ALIMENTARIAS OU ALERXIAS?

SI CALES?

NON


 

DATOS FAMILIARES

NAI, PAI OU REPRESENTANTE LEGAL

DNI

TELEFONO

DATOS DO SERVIZO:

LUGAR DE REALIZACIÓN: Centro interxeracional da Rocheira.

HORARIO: 9:00 a 14:00horas

DATAS:

  • 1ª QUENDA: semana do 23 ao 27 de xuño

  • 2ª QUENDA: semana do 30 de xuño ao 4 de xullo

  • 3ª QUENDA: semana do 7 ao 11 de xullo

  • 4ª QUENDA: semana do 14 ao 18 de xullo

  • 5ª QUENDA: semana do 21 ao 24 de xullo

  • 6ª QUENDA: semana do 28 de xullo ao 1 de agosto

  • 7ª QUENDA: semana do 4 ao 8 de agosto

  • 8ª QUENDA: semana do 11 ao 14 de agosto

  • 9ª QUENDA: semana do 18 ao 22 de agosto

  • 10ª QUENDA: semana do 25 ao 29 de agosto

  • 11ª QUENDA: semana do 1 ao 5 de setembro

  • 12ª QUENDA:semana do 8 ao 12 de setembro

     

     

    SOLICITUDES:

  • As solicitudes faranse segundo o modelo oficial que figura como Anexo I destas bases e presentaranse preferentemente de xeito telemático a través da Sede Electrónica Municipal (www.coristanco.gal) ou ben de forma presencial no rexistro xeral do Concello.

  • Farase unha solicitude individual por cada nena/o aínda que pertenzan á mesma unidade familiar.


 


 


 


 


 


 


 


 

Coristanco, de de 2025.

SINATURA NAI, PAI OU REPRESENTANTE LEGAL


 

De conformidade co establecido polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), infórmaselle que o CONCELLO DE CORISTANCO, con CIF P1502900B e domicilio en AVENIDA FISTERRA S/N 15147, CORISTANCO (A CORUÑA) é o Responsable do Tratamento. Os datos de carácter persoal facilitados a través do presente formulario, así como a documentación achegada, serán incorporados ao departamento de Cultura e Deportes á cal vaia dirixida a presente solicitude cuxa finalidade e xestionar a súa inclusión ao campamento de verán de 2025. A base legal para o tratamento dos seus datos está fundada no art. 6.1 e) : “en cumprimento de misión realizada en interese público ou exercicio de poderes públicos conferidos a este Concello". Os datos serán tratados de maneira confidencial e só serán cedidos a outras entidades cando se cumpran as esixencias establecidas na lexislación vixente de Protección de Datos. O interesado poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación e oposición mediante escrito remitidoá dirección do Responsable arriba indicada, solicitar máis información mediante correo electrónico á dir ección dpd@coristanco .gal ou a través do Rexistro xeral do Concello de Coristanco incluíndo os seguintes datos: nome e apelidos do interesado, fotocopia do documento válido que o identifique ou, no seu caso, da persoa que o represente, petición en que se concreta a solicitude, dirección a efectos de notificacións, data e firma do solicitante. Pode obter máis información consultando a Política de privacidade na páxina web do Concello: https://www.coristanco.gal/politica-de-privacidad/


 


 


 


 


 


 

 

 


 


 

 

O Campamento de Verán de 2025, ofrecido polo Concello de Coristanco, foi financiado a través dunha subvención a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade.


 

SI436A- PROGRAMA PLAN CORRESPONSABLES NO ÁMBITO LOCAL

SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE


 

SEGUNDO: Publicar o contido destas bases no BOP, no taboleiro de anuncios do Concello de Coristanco, na web e redes municipais.

TERCEIRO: Contra esta resolución que pon fin á via administrativa cabe a interposición de recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses. Con todo, poderá, con caracter potestativo, presentar recurso de reposición ante o propio órgano que dictou a resolución no prazo dun mes, nese caso o prazo para a presentación do recurso contencioso administrativo empezará a contarse desde a notificación da resolución expresa do recurso. Igualmente advírteselle a posibilidade de interposión de calquera outro recurso que estime pertinente (art.88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).

CUARTO: Dar conta ao pleno na próxima sesión que se celebre.


 

Coristanco, asinado electrónicamente polo alcalde Juan Carlos García Pose, e a secretaria municipal, Marta Vázquez Garea, na/s data/s que figuran nas sinaturas electrónicas.

 

 


Justificantes de Publicación: