CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN PERNOTA XUVENIL DE SURF 2025
EXP: 2025/D002/000004
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA: CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN PERNOTA XUVENIL DE SURF 2025 EXPEDIENTE: 2025/G003/000306 |
ANTECEDENTES:
O Concello de Coristanco quere ofertar unha interesante e atractiva opción de Campamento de Conciliación de Pernota Xuvenil de Surf 2025 do Concello de Coristanco. Esta é unha proposta que presenta un programa de actividades deportivas e recreativas que pretende combinar a aventura co deporte e o formativo co lúdico, a través dunha metodoloxía activa, participativa, integradora e dinámica, coñecendo a nosa contorna e mergullándose nela. Consideramos que o simple feito que as nenas/os estean en contacto con outras/os e outros contextos, fóra da súa zona de confort, xa lles proporciona unha experiencia vivencial que lles pode aportar moitos aprendizaxes. Traballar os afectos implica tratar a cada unha das nosas nenas/os coma un ser único e especial, e facerlles sentir como tal para reforzar a seguridade en si mesmos. A expresión dos propios sentimentos e emocións e o entendemento e aceptación destas nos demais compañeiros, fomentará unha relación de comprensión, igualdade e compañeirismo. Este espazo está dirixido a mozas e mozos con idades comprendidas de 9 a 16 anos.
OBXETIVO XERAL:
Ofrecer apoio á conciliación da vida familiar, laboral e persoal.
Facilitar recursos de ocio e tempo libre para mozas e mozos con idades comprendidas de 9 a 16 anos do Concello de Coristanco.
Facilitar a convivencia das mozas e mozos de Coristanco nun entorno diferente.
Aproveitar ao máximo as oportunidades que ofrecen os campamentos de verán para educar entretendo.
Familiarizarlles con habilidades de compañeirismo, solidariedade, amizade, igualdade, comunicación,dun xeito lúdico e atractivo.
Satisfacer as necesidades de familias vulnerables dende a perspectiva social e de xénero e con demandas que non se adaptan aos servizos normalizados.
OBXETIVOS ESPECÍFICOS:
Realizar actividades de ocio saudables, que respondan a criterios de educación en valores, integración e non discriminación, así como o fomento do deporte e hábitos saudables.
Fomentar a autonomía da mocidade.
Facilitar aos participantes a posibilidade de valerse por si mesmo para desenrolar tarefas diarias sen axuda e protección familiar.
Facer ver a mocidade que, valores como a solidariedade e a cooperación son fundamentais para unha boa integración social.
Fomentar o compañeirismo e a convivencia, nun clima de respecto e amizade.
Fomentar actitudes como a autonomía, a responsabilidade, o respecto, a organización ou o traballo en equipo.
Valorar o seu propio corpo e aceptar a propia identidade física.
Descubrir unha forma de vivir fóra da casa convivindo con outros mozos.
Educar en igualdade de xénero.
Adquirir coñecementos técnicos, tácticos, físicos e meteorolóxicos do deporte do surf.
Programar actividades que poidan realizar, que resulten atractivas, e que ao mesmo tempo lles fagan descubrir unha realidade próxima, pero que lle é, en parte, descoñecida.
Tendo en conta o anterior, de conformidade coas atribucións que me confire o art. 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, RESOLVO:
PRIMEIRO: Aprobar as seguintes Bases e normas de funcionamento e organización do Campamento de Conciliación de Pernota Xuvenil de Surf 2025 do Concello de Coristanco.
BASES E NORMAS DE FUNCIONAMENTO E ORGANIZACIÓN DO CAMPAMENTO CONCILIACIÓN DE PERNOTA XUVENIL DE SURF 2025, CONCELLO DE CORISTANCO.
FUNCIONAMENTO:
O campamento está destinado ás nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e 16 anos.
Será requisito para acceder ao servizo estar inscrito no Programa de Conciliación Xermolar e empadroado no Concello de Coristanco e/ou matriculado/a nun centro escolar do Concello de Coristanco.
Disporase dun total de 30 prazas. Para a posta en marcha do servizo é necesario contar cun número mínimo de 10 usuarios.
O lugar de realización será nas instalacións da empresa adxudicataria, un albergue xuvenil, na contorna de Razo (Carballo).
O material propio da actividade será proporcionado pola empresa adxudicataria do campamento.
O servizo prestarase os días 21,22,23,24,25 e 26 de xullo de 2025, en réxime de aloxamento e pensión completa, entrando o día 21 de xullo ás 12:00h e saíndo as 12:00h do día 26 de xullo.
As solicitudes faranse segundo o modelo oficial que figura como Anexo I destas bases e presentaranse preferentemente de xeito telemático a través da Sede Electrónica Municipal (www.coristanco.gal) ou ben de forma presencial no rexistro xeral do Concello.
Farase unha solicitude individual por cada nena/o aínda que pertenzan á mesma unidade familiar.
Fíxase un prazo de prescrición dende o luns 31 de marzo ao venres 11 de abril de 2025.
Fíxase un pazo de renuncias de 10 dias hábiles, dende o día seguinte á publicación da listaxe provisional de admitidos.
Unha vez rematado o prazo de renuncias, publicarase a listaxe definitiva e listaxe de agarda. O día seguinte desta publicación, os admitidos terán un prazo de 5 días para a formalización da inscrición e o pago da taxa correspondente.
Os criterios de valoración serán principalmente as necesidades de conciliación obxectivamente demostradas: xornada laboral dos proxenitores e non dispoñibilidade de redes de apoio familiar para o coidado das súas fillas e fillos.
CRITERIOS DE VALORACIÓN (Máximo de 85 PUNTOS)
Non superar a renda da unidade familiar en 6,5 veces o IPREM 2023, tendo preferencia os de menos ingresos 10 PUNTOS.
As traballadoras que teñan a consideración de vítimas de violencia de xénero para atender o coidado da filla ou fillo, tanto cando sexa por natureza como por adopción, ou no supostos de acollemento permanente ou garda con fin de adopción. 10 PUNTOS
Para atender ao coidado de algún membro da unidade familiar que teña recoñecido un grado de discapacidade igual ou superior ao 33%. 10 PUNTOS
Familias monoparentais. 10 PUNTOS
Familias numerosas. 10 PUNTOS
Con necesidade de conciliación obxectivamente demostradas. 10 PUNTOS
Empadroados no concello. 10 PUNTOS
Non empadronados con posto de traballo no municipio ou algún domicilio fiscal no mesmo. 5 PUNTOS
Empadroados ou non no Concello, que cursen estudos nalgún dos centros do municipio. 5 PUNTOS
Con necesidade de conciliación aínda que só traballe un proxenitor. 5 PUNTOS
QUENDA: O servizo prestarase os días 21,22,23,24,25 e 26 de xullo de 2025, en réxime de aloxamento e pensión completa, entrando o día 21 de xullo ás 12:00h e saíndo as 12:00h do día 26 de xullo.
A cota a pagar polos usuarios, será de 85€ por nena/o.
A alta ou baixa do servizo deberá ser notificada por escrito á carmen.villar@coristanco.gal . Aínda que o desestimento ou renuncia a actividade por parte do solicitante, unha vez iniciada a prestación do servizo, non dará dereito á devolución da taxa, salvo por causa imputable á administración.
Unha vez adxudicadas as prazas crearase unha listaxe de agarda segundo a puntuación obtida no período ordinario de inscrición. No caso de quedar prazas unha vez publicadas as listaxes definitivas, poderase acudir á mesma para cubrir as prazas dispoñibles.
Serán causa de extinción do servizo e baixa no mesmo o seguinte:
Incumprimento dos requisitos establecidos
Incumprimento das normas de convivencia.
Por solicitude da/o nai/pai ou representantes legais( no período establecido) • A comprobación de falsidade na documentación achegada
A non asistencia ao campamento, sen causa debidamente xustificada.
As familias deberán cumprir estritamente tódalas condicións e medidas que se lles indiquen como forma de protección da saúde de tódalas persoas participantes.
ORGANIZACIÓN:
Manteranse as medidas de hixienización nos lugares onde se realicen as actividades.
As familias deberán estar localizadas e en disposición de recoller á persoa participante de forma relativamente pronto no caso de que así se requira polo monitorado do campamento. Para isto, facilitarase un contacto que poida estar dispoñible de ser preciso.
O Concello de Coristanco resérvase o dereito á reorganización, adaptacións e/ou suspensión do servizo se a situación sanitaria e/ou económica así o require.
Por último recalcamos a nosa gratitude ante a vosa confianza e apoio, alimentando a ilusión que poñemos en sacar adiante este proxecto.
ANEXO I
SOLICITUDE DE PRAZA CAMPAMENTO DE PERNOTA XUVENIL DE SURF 2025
CONCELLO DE CORISTANCO
FINANCIADO POLA CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN E IGUALDADE E POLO MINISTERIO DE IGUALDADE
DATOS DA NENA/O
Nome e apelidos:
DNI:
Data de nacemento:
Enderezo:
Poboación: CP: Provincia:
Teléfono:
DATOS FAMILIARES
Pai, nai e/ou representante legal:
DNI:
Teléfono:
DATOS DO SERVIZO
Datas: O servizo prestarase os días 21,22,23,24,25 e 26 de xullo de 2025, en réxime de aloxamento e pensión completa, entrando o día 21 de xullo ás 12:00h e saíndo as 12:00h do día 26 de xullo.
Lugar de realización: será nas instalacións da empresa adxudicataria, un albergue xuvenil, na contorna de Razo (Carballo).
A/O NENA/O TEN INTOLERANCIAS ALIMENTARIAS OU ALERXIAS ?
SI NON En caso afirmativo,cales?
SOLICITUDES:
As solicitudes faranse segundo o modelo oficial que figura como Anexo I destas bases e presentaranse preferentemente de xeito telemático a través da Sede Electrónica Municipal (www.coristanco.gal) ou ben de forma presencial no rexistro xeral do Concello.
Farase unha solicitude individual por cada nena/o aínda que pertenzan á mesma unidade familiar.
Coristanco, de de 2025.
SINATURA NAI, PAI OU REPRESENTANTE LEGAL
De conformidade co establecido polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), infórmaselle que o CONCELLO DE CORISTANCO, con CIF P1502900B e domicilio en AVENIDA FISTERRA S/N 15147, CORISTANCO (A CORUÑA) é o Responsable do Tratamento. Os datos de carácter persoal facilitados a través do presente formulario, así como a documentación achegada, serán incorporados ao departamento de Cultura e Deportes á cal vaia dirixida a presente solicitude cuxa finalidade e xestionar a súa inclusión ao Campamento de Pernota Xuvenil de Surf 2025.A base legal para o tratamento dos seus datos está fundada no art. 6.1 e) : “en cumprimento de misión realizada en interese público ou exercicio de poderes públicos conferidos a este Concello". Os datos serán tratados de maneira confidencial e só serán cedidos a outras entidades cando se cumpran as esixencias establecidas na lexislación vixente de Protección de Datos. O interesado poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación e oposición mediante escrito remitidoá dirección do Responsable arriba indicada, solicitar máis información mediante correo electrónico á dir ección dpd@corist anco.gal ou a través do Rexistro xeral do Concello de Coristanco incluíndo os seguintes datos: nome e apelidos do interesado, fotocopia do documento válido que o identifique ou, no seu caso, da persoa que o represente, petición en que se concreta a solicitude, dirección a efectos de notificacións, data e firma do solicitante. Pode obter máis informaciónconsultando a Política de privacidade na páxina web do Concello: https://www.coristanco.gal/politica-de-privacidad/
O Campamento de Pernota Xuvenil de Surf 2025, ofrecido polo Concello de Coristanco, foi financiado a través dunha subvención a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade.
SI436A- PROGRAMA PLAN CORRESPONSABLES NO ÁMBITO LOCAL
SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE
SEGUNDO: Publicar o contido destas bases no BOP, no taboleiro de anuncios do Concello de Coristanco, na web e redes municipais.
TERCEIRO: Contra esta resolución que pon fin á via administrativa cabe a interposición de recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses. Con todo, poderá, con caracter potestativo, presentar recurso de reposición ante o propio órgano que dictou a resolución no prazo dun mes, nese caso o prazo para a presentación do recurso contencioso administrativo empezará a contarse desde a notificación da resolución expresa do recurso. Igualmente advírteselle a posibilidade de interposión de calquera outro recurso que estime pertinente (art.88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).
CUARTO: Dar conta ao pleno na próxima sesión que se celebre.
Coristanco, asinado electrónicamente polo alcalde Juan Carlos García Pose, e a secretaria municipal, Marta Vázquez Garea, na/s data/s que figuran nas sinaturas electrónicas.