DELEGACION FUNCIONS DA ALCALDIA NO 2º TENENTE DE ALCALDE DO 2-4 ABRIL 2025
EXP: 2025/G003/000325
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA: DELEGACION FUNCIONS DA ALCALDIA NO 2º TENENTE DE ALCALDE DO 2-4 ABRIL 2025 EXPEDIENTE: 2025/G003/000325 |
ANTECEDENTES:
Tendo previsto ausentarme do termo municipal do 2 ao 4 de abril actual, xunto co 1º tenente de alcalde D. Enrique Tasende Lavandeira, e de conformidade co establecido no artigo 23.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local; e no artigo 47 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,
RESOLVO:
PRIMEIRO: Delegar as funcións da Alcaldía no 2º tenente de alcalde, D. José Castro Agrelo, a fin de que substitúa na totalidade das citadas funcións desde o día 2 ao 4 de abril, ámbolos dous inclusives.
SEGUNDO: Notificar a presente resolución ao interesado así como publicala no taboleiro de anuncios da Corporación e no Boletín Oficial da Provincia.
TERCEIRO: Dar conta ao Pleno na primeira sesión ordinaria que celebre.
Coristanco, 1 de abril de 2025
O alcalde Dou fe, a secretaria Juan Carlos García Pose Marta Vázquez Garea