Sede electrónica Ayuntamiento de Coristanco

18:48:42 Martes 27 de octubre 2026

Información

SECRETARIA

27/10/2026

CAMPAMENTO DE NADAL 2026

EXP: 2026/D002/000016

O Concello de Coristanco quere ofertar unha interesante e atractiva opción de conciliación do NADAL 2026/2027; aprender xogando e convivindo cos demais e co entorno que nos rodea, descubrindo no deporte e na natureza as mellores fontes de ocio. “Un feitizo no bosque” é unha proposta que ten o seu orixe no ano 2018, e que presenta un programa de actividades culturais, deportivas e recreativas de nadal que pretende combinar a aventura co deporte e o formativo co lúdico, a través dunha metodoloxía activa, participativa, integradora e dinámica que teña aos máis pequenos como protagonistas.

Obxectivo xeral: Ofrecer apoio a conciliación da vida familiar, laboral e persoal. Facilitar recursos de ocio e tempo libre para nenos de 3 a 16 anos no Concello de Coristanco.

Obxectivos específicos do servizo:

• Crear un espazo para o crecemento persoal de nenos e nenas a través do xogo e a participación en actividades lúdico-formativas.

• Crear un espazo para o fomento do uso do galego.

• Fomentar nos nenos e nenas valores e actitudes de respecto ao medio ambiente e consumo responsable.

• Traballar a autoestima individual e de grupo.

• Promover programas educativos sobre os hábitos saudables (alimentación, medidas hixiénicosanitarias...)

• A Coeducación, igualdade de xénero e interculturalidade.

• Mellora da psicomotricidade e manexo de habilidades pre-deportivas.

Tendo en conta o anterior, de conformidade coas atribucións que me confire o art. 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime local, RESOLVO:

PRIMEIRO. Aprobar as seguintes Bases e normas de funcionamento e organización do campamento de conciliación de Nadal 2026.

BASES E NORMAS DE FUNCIONAMENTO E ORGANIZACIÓN DO CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN DO NADAL 2026.

FUNCIONAMENTO:

1) O campamento está destinado ás nenas e nenos con idades comprendidas entre os 3 e 16 anos.

2) Será requisito para acceder ao servizo, estar inscrito no Programa de Conciliación Xermolar do curso 2026/2027 e empadroado no Concello de Coristanco ou non empadroados con posto de traballo no municipio ou algún domicilio fiscal no mesmo e/ou matriculado/a nun centro escolar do Concello de Coristanco.

3) Disporase dun total de 30 prazas.

4) O lugar de realización será no Centro Interxeracional da Rocheira.

5) O servizo prestarase de luns a venres en horario de 9h a 14h (22,23,24,28,29,30 e 31 de decembro de 2026 e 4,5 e 7 de xaneiro de 2027).

6) As solicitudes faranse segundo o modelo oficial que figura como Anexo I destas bases e presentarase preferentemente de xeito telemático a través da Sede Electrónica municipal (www.coristanco.gal) ou ben de forma presencial no rexistro xeral do Concello.

7) Farase unha solicitude individual por cada neno/a aínda que pertenzan á mesma unidade familiar.

8) Fíxase un prazo de prescrición dende o día seguinte á publicación oficial no BOP ata o 6 de novembro de 2026.

9) Fíxase un pazo de renuncias de 10 dias hábiles, dende o día seguinte á publicación da listaxe de admitidos.

10) Unha vez rematado o prazo de renuncias, publicarase a listaxe definitiva e listaxe de agarda. O día seguinte desta publicación, os admitidos terán un prazo de 5 días para a formalización da inscrición e o pago da taxa correspondente.

CRITERIOS DE VALORACIÓN (máximo 85 puntos) :

• Non superar a renda da unidade familiar en 6,5 veces o IPREM 2024, tendo preferencia os de menos ingresos. 10 PUNTOS.

• As traballadoras que teñan a consideración de vítimas de violencia de xénero para atender o coidado da filla ou fillo, tanto cando sexa por natureza como por adopción, ou no supostos de acollemento permanente ou garda con fin de adopción. 10 PUNTOS

• Para atender ao coidado de algún membro da unidade familiar que teña recoñecido un grado de discapacidade igual ou superior ao 33%. 10 PUNTOS

• Familias monoparentais. 10 PUNTOS

• Familias numerosas. 10 PUNTOS

• Con necesidade de conciliación obxectivamente demostradas. 10 PUNTOS

• Empadroados no concello. 10 PUNTOS

• Non empadronados con posto de traballo no municipio ou algún domicilio fiscal no mesmo. 5 PUNTOS

• Empadroados ou non no Concello con vivenda familiar no mesmo ou cursando estudos nalgúns dos centros do municipio. 5 PUNTOS

• Que só traballe un proxenitor. 5 PUNTOS


 

10. A taxa será de 20 euros por nena/o

11. A alta ou baixa do servizo deberá ser notificada por escrito á carmen.villar@coristanco.gal . Aínda que o desestimento ou renuncia a actividade por parte do solicitante, unha vez publicada a listaxe definitiva de inscritos, non dará dereito á devolución da taxa, salvo por causa imputable á administración.

12. Unha vez adxudicadas as prazas crearase unha listaxe de agarda segundo a puntuación obtida no período ordinario de inscrición.

No caso de quedar prazas unha vez publicadas as listaxes definitivas, poderase acudir á mesma para cubrir as prazas dispoñibles.

13.Serán causa de extinción do servizo e baixa no mesmo o seguinte:

• Incumprimento dos requisitos establecidos

• Incumprimento das normas de convivencia establecidas

• Por solicitude da/o nai/pai ou representantes legais ( no período establecido)

• A comprobación de falsidade na documentación achegada

• A non asistencia ao campamento, sen causa debidamente xustificada.

14. As familias deberán cumprir estritamente tódalas condicións e medidas que se lles indiquen como forma de protección da saúde de tódalas persoas participantes.

MATERIAL NECESARIO:

• Roupa cómoda.(toda identificada co nome do neno/a)

• Zapato pechado.

• Muda

• Botas de auga (en bolsa aparte, sen ser de papel)

• Chuvasqueiro

• Paraugas

• Auga individual e con identificación.

• Aperitivo para media mañá.

• Desaconsellase traer xoguetes ou dispositivos electrónicos que faciliten que o neno ou nena se ille do grupo ou poida chegar a ser foco de manipulación conxunta.

• O material para xogos e actividades será proporcionado polo Concello de Coristanco e distribuído polos monitores non sendo preciso a achega de material por parte das familias.


 

ANEXO I

SOLICITUDE DA PRAZA PARA O CAMPAMENTO DE NADAL 2026/2027 DO CONCELLO DE CORISTANCO.

DATOS DA NENA/O

Nome e apelidos:

DNI:

Data de nacemento:

Enderezo:

Poboación: CP: Provincia:

A/O NENA/O TEN INTOLERANCIAS ALIMENTARIAS OU ALERXIAS ?

SI NON

En caso afirmativo, cales?

DATOS FAMILIARES

Pai, nai e/ou representante legal:

DNI: Teléfono:

Correo electrónico:

DATOS DO SERVIZO

Datas: 22,23,24,28,29,30 e 31 de decembro de 2026 e 4,5 e 7 de xaneiro de 2027.

Horario: 9:00h a 14:00h.

Lugar de realización: Centro Interxeracional da Rocheira.

SOLICITUDES:

• As solicitudes faranse segundo o modelo oficial que figura como Anexo I destas bases e presentarase preferentemente de xeito telemático a través da Sede Electrónica municipal(www.coristanco.gal)

• Farase unha solicitude individual por cada neno/a aínda que pertenzan á mesma unidade familiar.

Coristanco,_____ de ___________________ de 2026.

Sinatura (pai/nai/representante legal).


 


 


 

De conformidade co establecido polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), infórmaselle que o CONCELLO DE CORISTANCO, con CIF P1502900B e domicilio en AVENIDA FISTERRA S/N 15147, CORISTANCO (A CORUÑA) é o Responsable do Tratamento. Os datos de carácter persoal facilitados a través do presente formulario, así como a documentación achegada, serán incorporados ao departamento de Cultura e Deportes á cal vaia dirixida a presente solicitude cuxa finalidade e xestionar a súa inclusión ao campamento de nadal 2026. A base legal para o tratamento dos seus datos está fundada no art. 6.1 e) : “en cumprimento de misión realizada en interese público ou exercicio de poderes públicos conferidos a este Concello". Os datos serán tratados de maneira confidencial e só serán cedidos a outras entidades cando se cumpran as esixencias establecidas na lexislación vixente de Protección de Datos. O interesado poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación e oposición mediante escrito remitidoá dirección do Responsable arriba indicada, solicitar máis información mediante correo electrónico á dir ección dpd@coristanco .gal ou a través do Rexistro xeral do Concello de Coristanco incluíndo os seguintes datos: nome e apelidos do interesado, fotocopia do documento válido que o identifique ou, no seu caso, da persoa que o represente, petición en que se concreta a solicitude, dirección a efectos de notificacións, data e firma do solicitante. Pode obter máis información consultando a Política de privacidade na páxina web do Concello: https://www.coristanco.gal/politica-de-privacidad/

 

SEGUNDO: Publicar o contido destas bases no BOP, no taboleiro de anuncios do Concello de Coristanco, na web e redes municipais.

 

TERCEIRO: Contra esta resolución que pon fin á via administrativa cabe a interposición de recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses. Con todo, poderá, con caracter potestativo, presentar recurso de reposición ante o propio órgano que dictou a resolución no prazo dun mes, nese caso o prazo para a presentación do recurso contencioso administrativo empezará a contarse desde a notificación da resolución expresa do recurso. Igualmente advírteselle a posibilidade de interposión de calquera outro recurso que estime pertinente (art.88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).

 

CUARTO: Dar conta ao pleno na próxima sesión que se celebre.


Justificantes de Publicación: