Sede electrónica Concello de Coristanco

23:06:20 Xoves 17 de xuño 2021

Información

SECRETARIA

08/06/2021

PROXECTO CONSTRUCIÓN SENDA

De conformidade co artigo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia, informámoslles que na páxina web que abaixo se menciona teñen, para a súa consulta proxecto de construción: Sendas na AC-552. Treitos: 34+400-34+860 e 44+300-45+080, de clave AC/19/132.06, debido a que se acordou sometelo ao trámite de información pública, durante un prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia (prevista para o 8/6/2021) e ao informe das administracións públicas afectadas. 

Por outra banda solicítaselles que insiran no taboleiro de anuncios dese Concello o anuncio de dito trámite, coa finalidade de que polos interesados se formulen alegacións durante un prazo de trinta días hábiles (a contar dende o seguinte ao da súa publicación no DOG), na forma prevista na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, coa indicación de que unicamente poderán ser tidas en conta neste trámite as observacións relativas á concepción global do trazado exposto.

Así mesmo, simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e aos efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de Expropiación Forzosa, sométese a información pública o proxecto de construción: Sendas na AC-552. Treitos: 34+400-34+860 e 44+300-45+080, de clave: AC/19/132.06, para que dentro dun prazo de trinta días hábiles contados a partir do seguinte á publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, os afectados presenten cantas alegacións consideren convenientes. 

Rematado o período de información pública, solicítolle a remisión ás oficinas desta Axencia Galega de Infraestructuras do certificado comprensivo de que o proxecto estivo a exposición pública durante o prazo establecido, facendo constar se houbo ou non alegacións e xuntando estas en caso afirmativo. 

A páxina web onde se atopa o documento sería: https://infraestructurasemobilidade.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestructuras?content=Direccion_Xeral_Infraestructuras/Informacion_publica/seccion.html&Direccion_Xeral_Infraestructuras/Dinamico/Expediente_Infraestrutura/listado_expedienteInfraestructura_central-html.

O director da Axencia Galega de Infraestructuras

Francisco Menéndez Iglesias


Xustificantes de Publicación: