Sede electrónica Concello de Coristanco

12:24:03 Sábado 19 de xuño 2021

Información

SECRETARIA

08/06/2021

AUTORIZACIÓN OBRAS REURBANIZACIÓN ESTRADA A VIEIRA-OCA (MONTECELO)

Concello de Coristanco, solicita de Augas de Galicia por atoparse nas marxes do río da Balsa, a autorización de obras, no lugar de Montecelo, parroquia de Oca (San Martiño), Concello de Coristanco (A Coruña). O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que precribe o artigo 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W15.77106

As obras solicitadas consisten na execución do proxecto de "Reurbanización da estrada de Avieira a Oca na parroquia de Oca, Concello de Coristanco"

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Coristanco, ou nas oficinas deste servizo, situadas na R/Vicente Ferrer, 2 9º andar, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.

O xefe do servizo territorial

Néstor Rodriguez Arias


Xustificantes de Publicación: