Sede electrónica Concello de Coristanco

07:46:05 Martes 16 de xullo 2024

Información

SECRETARIA

03/01/2022

EXPROPIACION FORZOSA OUTEIRO E CAMPOLONGO EN XAVIÑA

Acordo do Pleno de data do 27.12.2021 do Concello de Coristanco polo que se aproba inicialmente o "Proxecto de Expropiación para a obra de reurbanización de vial do lugar de Outeiro e lugar de Campolongo na parroquia de Xaviña, Concello de Coristanco", para o que resulta necesaria a expropiación dos seguintes bens/dereitos: 

(adxúntase documento en pdf.)

Aprobado inicialmente o proxecto de expropiación convócase, conforme ao previsto no artigo 18.1 da Lei do 16 de decembro de 1954, de Expropiación Forzosa, por prazo de quince días, trámite de audiencia e de información pública, a fin de que quen fora interesado no dito expediente, poida comparecer e formular cantas alegacións, suxerencias ou reclamacións teñan por conveniente.

Con todo, advírtese que segundo o establecido no artigo 19.2 da mesma norma, no relativo a expropiación necesaria para a realización das obras, únicamente admitiranse aquelas alegacións que se formulen a efectos de emendar posibles erros na relación dos bens ou dereitos a expropiar.

Á súa vez, estará a dispor dos interesados na sede electrónica deste Concello (enderezo https://sede.coristanco.gal/opencms/es/informacion/tablon)

O presente anuncio servirá de notificación aos interesados, no caso de que non poida efectuarse a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia. 


Xustificantes de Publicación: