Sede electrónica Concello de Coristanco

23:48:03 Domingo 28 de abril 2024

Información

SECRETARIA

03/01/2022

EXPROPIACIÓN FORZOSA. AVIEIRA, OCA

Acordo do Pleno de data do 27.12.2021 do Concello de Coristanco polo que se aproba inicialmente o "Proxecto de Expropiación para a obra de reurbanización da estrada da Avieira a Oca na parroquia de Oca, Concello de Coristanco", para o que resulta necesaria expropiación dos seguintes bens/dereitos:

(adxúntase docuemento en pdf.)

Aprobado inicialmente o proxecto de expropiación convócase, conforme ao previsto no artigo 18.1 da Lei do 16 de decembro de 1954, de Expropiación Forzosa, por prazo de quince días, trámite de audiencia e de información pública, a fin de que quen fora interesado no dito expediente, poida comparecer e formular cantas alegacións, suxerencias ou reclamacións teñen por convinte. 

Con todo, advírtese que segundo o establecido no artigo 19.2 da mesma norma, no relativo a expropiación necesaria para a realización das obras, únicamente admitiranse aquelas alegacións que se formulen a efectos de emendar posibles erros na relación dos bens ou dereitos a expropiar. 

Á súa vez, estará ao dispor dos interesados na sede electrónica deste Concello (enderezo https://sede.coristanco.gal/opencms/es/informacion/tablon/)

O presente anuncio servirá de notificación aos interesados, no caso de que non poida efectuarse a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia.


Xustificantes de Publicación: