Sede electrónica Concello de Coristanco

10:18:00 Martes 16 de xullo 2024

Información

SECRETARIA

28/02/2022

Proxecto Técnico Reurbanización do vial no lugar de Avieira - Oca

Anuncio de aprobación definitiva da relación de bens e dereitos expropiados dentro do expediente expropiatorio por taxación conxunta para a obtención dos terreos afectados polo “Proxecto técnico de reurbanización da carretera de Avieira a Oca en la parroquia de Oca, Ayuntamiento de Coristanco”

O Pleno do Concello de Coristanco, en sesión celebrada o 24.02.2022, acordou aprobar definitivamente a relación de bens e dereitos expropiados dentro do expediente expropiatorio por taxación conxunta para a obtención dos terreos afectados polo “Proxecto técnico de reurbanización de la carretera de Avieira a Oca en la parroquia de Oca, Ayuntamiento de Coristanco” (EXP: 2022/X999/000027).

De conformidade co disposto no arts. vinte e vinteún da Lei de Expropiación Forzosa faise público o dito acordo:

PRIMEIRO.- Aprobar definitivamente a relación de bens e dereitos expropiados dentro do expediente expropiatorio por taxación conxunta para a obtención dos terreos afectados polo “Proxecto técnico de reurbanización de la carretera de Avieira a Oca en la parroquia de Oca, Ayuntamiento de Coristanco” (EXP: 2022/X999/000027).

SEGUNDO.- Notificar o presente acordo as persoas interesadas titulares de bens e dereitos que figuran no expediente, conferíndolles un prazo de vinte días, para que podan presentar escrito de disconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado.

TERCEIRO.- Entender aceptada a valoración e determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade se as persoas interesadas non formulasen oposición no prazo de vinte días sinalado.

CUARTO.- Poñer de manifesto a conveniencia de que as persoas afectadas deban presentar nesta Administración certificacións de titularidade do rexistro da propiedade e demais documentos que acrediten a titularidade dos bens e dereitos afectados, advertindo de que o pago unicamente se realizará a favor dos titulares rexistrais do dominio, ou no suposto de fincas que non figuren inscritas no rexistro da propiedade, a favor do titular segundo os títulos xustificativos do seu dereito completados con certificacións negativas do rexistro da propiedade; no resto de casos, procederase a consignar na Caixa Xeral de Depósitos o importe dos xustos prezos das fincas.

QUINTO.- Publicar, no seu caso, o acordo no Boletín Oficial do Estado aos efectos previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, de 30 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas, para aquelas persoas interesadas aos que non poida serlle practicada a correspondente notificación por ser descoñecidos, ignorarse o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se houbese podido practicar.

SEXTO.- Notificar, no seu caso, o presente acordo ao Ministerio Fiscal para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación coas persoas descoñecidas e as non comparecentes no procedemento expropiatorio.

SÉTIMO.- Publicar o presente acordo de aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia e no diario La Voz de Galicia para xeral coñecemento.

OITAVO.- Facultar á alcaldía para a realización dos trámites subseguintes ao presente acordo no expediente expropiatorio.

NOVENO.- Informar as persoas interesadas que contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte da notificación da presente resolución (artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa) ou, con carácter previo e potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante o propio órgano que ditou o acordo nos termos previstos nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións Públicas.

Coristanco, a 25 de febreiro de 2022

O Alcalde

Juan Carlos García Pose

 

 


Xustificantes de Publicación: