Sede electrónica Concello de Coristanco

20:25:58 Venres 13 de decembro 2024

Información

Secretaría

04/04/2022

EXPROPIACIÓN FORZOSA - SENDAS AC552

EXP: 2022/X999/000749

Resolución do 17 de marzo de 2022, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e para a formalización das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de sendas na AC-552, treitos 34+400-34+860 e 44+300-45+080, de clave AC/19/132.06 no Concello de Coristanco. 

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia de comunidade autónoma galega o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do estado en materia de expropiación forzosa. 

Con data 23 de decembro de 2021 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de sendas na AC-552, treitos 34+400-34+860 e 44+300-45+080, no concello de Coristanco, de clave AC/19/132.06, por Decreto 176/2021, publicado no Diario Oficial de Galicia de data 21 de xaneiro de 2022.

A tramitación do expediente expropiatorio debe axustarse ao disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación fozosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu Regulamento de 26 de abril de 1957. 

En consecuencia, este servizo, en virtude da competencia delegada mediante Orde de 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG nº 179 de 20 de setembro de 2017, resolveu convocar aos titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Coristanco, para que comparezan no lugar, data e horas que se detallan a continuación, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Coristanco

Lugar: Casa Consistorial do Concello de Coristanco

Data: 4 de maio de 2022, ás 10.30 horas 

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no Concello de Coristanco e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestructuras da Coruña (r/Vicente Ferrer, nº 2, 8º andar, 15071 A Coruña), e publicarase no seguinte enlace da páxina web da consellería: 

https://infrestructurasemobilidade.xunta.gal/avisos?content_/Portal-Conselleria6/Avisos/resolucions/aviso_0294.html

Así mesmo, realizarase a convocatoria aos interesados ao levantamento das actas previas mediante notificación individual.

A dito acto deberán acudir os titulares afectados presoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade (e, no seu caso outra documentación que se requira, xustificante do pago do IBI...), así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, a fin de proceder aos sucesivospagos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, podendo facerse acompañar a súa costa, se o estiman oportuno, dos seus peritos e notarios. 

Así mesmo, en cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa de 26 de abril de 1957, este servizo, unha vez levantadas as actas previas á ocupación, e habilitado o crédito oportuno, procederá ao pago, mediante transferencia bancaria, do importe dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación. No suposto de non ter presentado o certificado de titularidade da conta bancaria, con códigos IBAN e BIC, e a copia do D.N.I., consignarase o importe na Caixa Xeral de Depósitos conforme o disposto no artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957.

En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, neste mesmo acto, convócase ao acto de formalización das actas de ocupación o cal terá lugar, logo de producirse o ano dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación, no lugar e data que se indican: 

Termo municipal de Coristanco

Lugar: Casa Consistorial do Concello de Coristanco

Data: 22 de xullo de 2022, ás 10:30 horas

No mesmo acto ofertaranse aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada unha das fincas en concepto de mutuo acordo.

O presente acordo faise público, para xeral coñecemento, advertindo aos titulares que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado, non admitíndose representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, debendo achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros; e que deberá identificarse co Documento Nacional de Identidade. 

A fin de que os actos derivados dos procedementos expropiatorios se realicen dacordo coas medidas preventivas do risco de contaxio ante a situación provocada polo coronavirus COVID-19, serán aplicables as medidas de prevención recollidas no Anexo da Resolución de 12 de xuño de 2020 e posteriores modificacións, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se da publicidade ao Acordo do Consello da Xunta, de 12 de xuño, de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crisis sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara unha nova normalidade. 

En todo caso, cómpre por en coñecemento dos interesados as seguintes indicacións: 

* Os interesados poderán confirmar a data e hora fixada para a celebración do acto ou, no caso de concorrer motivos de inconveniencia por razóns de saúde e/ou de adopción de medidas que afecten favorablemente á prevención de contaxios, poderán propoñer outro horario diferente para o mesmo, previa cita confirmada polo persoal de contacto.

* No momento da atención, tanto o persoal da Administración e da Asistencia Técnica como o expropiado usarán máscara de protección, respectando en todo momento a distancia de seguridade fixada. A tales efectos, establécese a obriga de asistir ao acto provisto de máscara e hixiene adecuada e etiqueta respiratoria. Porén, disporase de máscara por parte da administración no caso de que os expropiados non dispoñan dela. 

* En caso de detectarse posibles síntomas compatibles coa COVID-19 nalgunha persoa presente, seguiranse obrigatoriamente as indicacións realizadas polas autoridades sanitarias para o efecto.

* Deberán asistir unicamente as persoas estritamente necesarias para a realización do trámite. 

* Establécese a obriga de permanecer no local de reunión o tempo estritamente necesario.

* Non se poderá acudir no caso de presentar febre (>37º) ou síntomas de problemas respiratorios. 

A Coruña, na data da sinatura electrónica.

O Xefe do Servizo Provincial da Coruña

Felipe de la Vega Gándaras

 


Xustificantes de Publicación: