CAMPAMENTO CONCILIACION VERÁN 2022
EXP: 2022/D002/000004
Dáse publicidade á listaxe provisional de persoas admitidas no Campamento de verán 2022 do Concello de Coristanco para promover a conciliación da vida familiar e laboral, así como a listaxe de agarda para realizar os chamamentos nos casos de renuncia dalgunha das persoas admitidas.
Dispoñen dun prazo de 10 días laborais a contar dende mañá, para formular alegacións ou presentar renuncia á praza, mediante solicitude disposta ao efecto nas dependencias da Biblioteca pública municipal, ou ben descargala na web municipal e facernola chegar por correo electrónico.
Para máis información:
651 664 908
biblioteca@coristanco.gal