Sede electrónica Concello de Coristanco

03:02:25 Venres 22 de novembro 2024

Información

secretaria

26/09/2024

PERI contorna Xosé PichelPlan Especial

EXP: 2023/U035/000002

EDITO

 

Aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para mellora accesibilidade ao CPI Alcalde Xosé Pichel

 

Mediante resolución de alcaldía de data 13.05.2024 apróbase inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) coa finalidade de resolver os problemas de accesibilidade ao centro público integrado (CPI) Alcalde Xosé Pichel e ao polideportivomunicpal, e abrir un novo viario para mellorar a mobilidade na zona.

 

De conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses a contar desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia, durante os que as persoas interesadas poderán presentar alegacións ao mesmo.

 

Así mesmo, suspéndese o outorgamento de licenzas nas áreas afectadas polo plan especial, de conformidade cos artigos 47 da Lei 2/2016 e 86 do seu regulamento de desenvolvemento.

 

O dito documento pode consultarse no seguinte ligazón https://drive.google.com/drive/folders/1mOUKl6-zKgBeyZRiTjsBE4woOneX-nJA?usp=sharing que se expón na sede electrónica deste concello (https://sede.coristanco.gal/sxc/es/informacion/tablon/)

 

Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Juan Carlos García Pose, na data que figura ao marxe.

 

 

 


Xustificantes de Publicación: