Sede electrónica Concello de Coristanco

05:28:39 Xoves 31 de outubro 2024

Información

AREA ECONOMICA

08/10/2024

APROBACIÓN INICIAL ACORDO DELEGACIÓN EN DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA RECADACIÓN VOLUNTARIA E EXECUTIVA D

EXP: 2024/X999/000675

No Pleno ordinario que tivo lugar o 26 de setembro de 2024 adoptouse o seguinte acordo:

Primeiro.- Delegar na Deputación Provincial da Coruña a competencia de “recadación voluntaria e executiva da taxa pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos e carga e descarga de mercadorías” de notificación colectiva por padrón e cuxo cobro se realice por trimestres ou períodos superiores.

O exercicio das competencias delegadas levarase a cabo nos termos establecidos nas Bases para a prestación de servizos tributarios aos Concellos da Provincia aprobadas pola Deputación Provincial de A Coruña (BOP 176 de 12 de setembro de 2024)

Segundo.- Delegar na alcaldía todos os trámites e xestións precisas para a execución deste acordo.

Terceiro.- Publicar o presente acordo no Boletín Oficial de A Provincia e abrir un prazo de 30 días hábiles a partir da data de publicación, para a presentación de alegacións que serán resoltas polo Pleno do Concello. De non presentarse ningunha o acordo entenderase automáticamente elevado a definitivo.

En cumprimento da lexislación vixente, o expediente exponse ao público polo prazo de trinta días hábiles na Secretaría Municipal. O devandito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte a aquel en que apareza publicado este Edicto no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas, as cales deberán ir dirixidas ao Alcalde–Presidente.

No caso de non presentárense reclamacións, considérase o acordo definitivamente aprobado.

Coristanco, 26 de setembro de 2024

Asdo. O alcalde,

Juan Carlos García Pose

 


Xustificantes de Publicación: