ORZAMENTO ANO 2025
EXP: 2025/T004/000001
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación na sesión extraordinaria que tivo lugar o 10 de marzo de 2025, o Orzamento Xeral deste Concello para o exercicio 2025, así como a súa documentación complementaria, en cumprimento do disposto no art. 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e disposicións concordantes, exponse ao público polo prazo de QUINCE DÍAS HÁBILES, os cales empezarán a contar desde o seguinte ao da insercción deste edito no Boletín Oficial da Provincia , a fin de que durante o mesmo poidan presentarse as reclamacións ou alegacións que se consideren pertinentes.
O Orzamento municipal considerarase definitivamente aprobado se durante o expresado prazo non se presentasen reclamacións.
Coristanco, 10 de marzo de 2025.
Documento firmado electrónicamente por JUAN CARLOS GARCÍA POSE,
ALCALDE DEL AYUNTAMIENTO DE CORISTANCO,