Sede electrónica Concello de Coristanco

23:25:58 Xoves 26 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Licenza para a tala de árbores

O procedemento de "solicitude de licenza para a tala, carga ou transporte de madeira" regula a concesión, por parte do Concello, de autorización para proceder á tala de árbores nunha determinada localización xeográfica e por un tempo determinado.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de licenza para a tala ou saca de madeira.
  • Solicitude de autorización para aproveitamento madereiro achegada á Consellería competente en material forestal (Consellería do Medio Rural e do Mar).
  • Autorización/s sectorial correspondente/s (se procede).
  • Xustificante de pago da fianza o artigo 5 da Ordenanza reguladora.
  • Plano identificativo do lugar de depósito e das vías a utilizar para o transporte da madeira.
  • Xustificantes de ter presentada fianza para responder do amaño dos deterioros que puidesen producir nos viais, e a limpeza dos restos das operacións de carga de depósito de madeira, garantindo deixar os camiños no estado en que se atopaban no intre de solicitar a licenza.

Nome: Licenza para a talla de árbores.

Unidade tramitadora: Medio Ambiente.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Prazo de execución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza reguladora do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.