PROXECTO TECNICO REURBANIZACION DO VIAL NO LUGAR DE OUTEIRO - CAMPOLONGO
Anuncio de aprobación definitiva da relación de bens e dereitos expropiados dentro do expediente expropiatorio por taxación conxunta para a obtención dos terreos afectados polo “Proxecto técnico de reurbanización de vial en el lugar de Outeiro y lugar de Campolongo en la parroquia de Xaviña, Ayuntamiento de Coristanco”
O Pleno do Concello de Coristanco, en sesión celebrada o 24.02.2022, acordou aprobar definitivamente a relación de bens e dereitos expropiados dentro do expediente expropiatorio por taxación conxunta para a obtención dos terreos afectados polo “Proxecto técnico de reurbanización de vial en el lugar de Outeiro y lugar de Campolongo en la parroquia de Xaviña, Ayuntamiento de Coristanco” (EXP: 2022/X999/000026).
De conformidade co disposto no arts. vinte e vinteún da Lei de Expropiación Forzosa faise público o dito acordo:
PRIMEIRO.- Aprobar definitivamente a relación de bens e dereitos expropiados dentro do expediente expropiatorio por taxación conxunta para a obtención dos terreos afectados polo “Proxecto técnico de reurbanización de vial en el lugar de Outeiro y lugar de Campolongo en la parroquia de Xaviña, Ayuntamiento de Coristanco” (EXP: 2022/X999/000026).
SEGUNDO.- Notificar o presente acordo as persoas interesadas titulares de bens e dereitos que figuran no expediente, conferíndolles un prazo de vinte días, para que podan presentar escrito de disconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado.
TERCEIRO.- Entender aceptada a valoración e determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade se as persoas interesadas non formulasen oposición no prazo de vinte días sinalado.
CUARTO.- Poñer de manifesto a conveniencia de que as persoas afectadas deban presentar nesta Administración certificacións de titularidade do rexistro da propiedade e demais documentos que acrediten a titularidade dos bens e dereitos afectados, advertindo de que o pago unicamente se realizará a favor dos titulares rexistrais do dominio, ou no suposto de fincas que non figuren inscritas no rexistro da propiedade, a favor do titular segundo os títulos xustificativos do seu dereito completados con certificacións negativas do rexistro da propiedade; no resto de casos, procederase a consignar na Caixa Xeral de Depósitos o importe dos xustos prezos das fincas.
QUINTO.- Publicar, no seu caso, o acordo no Boletín Oficial do Estado aos efectos previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, de 30 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas, para aquelas persoas interesadas aos que non poida serlle practicada a correspondente notificación por ser descoñecidos, ignorarse o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se houbese podido practicar.
SEXTO.- Notificar, no seu caso, o presente acordo ao Ministerio Fiscal para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación coas persoas descoñecidas e as non comparecentes no procedemento expropiatorio.
SÉTIMO.- Publicar o presente acordo de aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia e no diario La Voz de Galicia para xeral coñecemento.
OITAVO.- Facultar á alcaldía para a realización dos trámites subseguintes ao presente acordo no expediente expropiatorio.
NOVENO.- Informar as persoas interesadas que contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte da notificación da presente resolución (artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa) ou, con carácter previo e potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante o propio órgano que ditou o acordo nos termos previstos nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións Públicas.
Coristanco, a 25 de febreiro de 2022
O Alcalde
Juan Carlos García Pose