Sede electrónica Concello de Coristanco

14:44:14 Domingo 22 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Autorización para a acometida, abastecemento de auga e saneamento

O procedemento de "autorización para acometida, abastecemento de auga e saneamento" ten por obxecto a expedición dunha autorización que permita ao cidadán realizar a acometida de auga e/o rede de sumidoiros desde a súa propiedade ás tubaxes xerais e dar inicio ao servizo.

O proceso é o seguinte:

1. Antes do inicio da obra hai que realizar unha comprobación técnica. O Concello deberá de comunicar no prazo de 15 días dende a presentación da Comunicación Previa de obra, a data na que efectuará a comprobación técnica (enlace a CP de OBRA).
2. Os servizos técnicos municipais procederán ao cálculo do aval/fianza, correspondente aos metros lineais de por onde discorre a tubería a colocar na la parte pública, para os efectos de reposición necesarios.
3. Notificar ao promotor cantidade a depositar en concepto de aval/fianza.
4. Decreto de documentación completa de Comunicación Previa de obra
5. O promotor debe de comunicar ao Concello a finalización da obra para realizar a inspección técnica. No caso de abastecimento de augua a inspección farase antes do tapado das zanxas.
6. Os servizos técnicos municipais realizarán a inspección técnica (comprobación que a canalización se realizou adecuadamente).
7. Unha vez terminadas as obras, SOLICÍTASE o enganche de saneamento/abastecimento.
8. Cando se solicita o enganche hai que anexionar o informe técnico relativo á inspección da obra.
9. Pago de taxa do enganche.

B. CONDICIÓNS TÉCNICAS DAS ACOMETIDAS DE SANEAMENTO E SUBMINISTRO DE AUGA
As obras de acometida ás redes municipais de abastecemento de auga ou de saneamento serán realizadas polo interesado ata a súa conexión á rede a cargo do peticionario e coa supervisión dos servizos técnicos do concello ou empresa adxudicataria do servizo.
Se estas obras de acometida ás redes municipais afectan ao subsolo ou solo de dominio público doutras Adminstracións Públicas teranse que executar polos interesados, ademais de coas condicións que máis abaixo se indican, coas condición e requisitos esixidos polas ditas Adminstracións nas autorizacións que, se procede, concedan para a execución das obras e ata a conexión ou entronque á rede municipal .
En todo caso as obras de acometida a estas redes de servizo municipais teranse que executar coas seguintes condicións:

Acometida á rede de saneamento:
A) Existirá unha arqueta sifónica no interior do límite da propiedade para evitar olores e facilitar desatoamentos.
B) Dende a arqueta sifónica dispoñerase dun tubo de PVC sanitario de diámetro mínimo 160mm, recuberto perimetralmente con formigón, e con pendiente comprendida en o 1% e o 6%. O tubo descorrerá o más recto posible, non permitiéndose curvas ni cambios de dirección sin arqueta o pozo de registro correspondiente.
C) A conexión de tubo de evacuación farase en pozo de rexistro, que de non existir deberá ser executado polo solicitante, farase sempre por riba da meretriz do tubo da rede xeral que desemboca nese pozo. Ademáis, a cota de caída na edificación será sempre superior á da tapa do pozo ao que se conecte.
D) No caso de que o tubo do interior da propiedade quedase más baixo que o da rede municpal, disporase un pozo de bombeo en lugar da arqueta. O tubo de impulsión á rede municipal será de polietileno de alta densidade de 50-63 mm de diámetro, de acordó coas características técnicas da bomba. Sempre se instalarán válvulas antiretorno.
E) O tubo de saneamento discorrerá sempre por debaixo do abastecemento de auga, no caso de existir un cruzamento ou de discorrer parellas ambas instalacións.
F) A reposición do firme farase co mesmo material que o pavimento orixinal.
G) Non se poderán conectar á rede pública de sumidoiros as augas pluviais, as cales terán que ser canalizadas cara á cuneta , no caso de non existir rede separativa.

Acometida á rede de abastecemento de auga:
PARTES DA ACOMETIDA
A) Inxerto ou collarín, con corpo en fundición, parafusos e tuercas en aceiro inoxidable
B) Tubaxe de polietileno en 16 atmósferas de presión (xeralmente de diámetro 32mm 1”). Cun máximo de 100 mm en función do caudal necesario. Na zanxa disporase dunha cama de área de 10 cm, a tubería e taparase con 10 cm de area. No recheo da zanxa disporase de banda sinalizadora. A terminación do firme ou pavimento farase co mesmo material .
C) Chave de corte en acera, disporase de paso integral e con eixo de maniobra perpendicular á conducción, con sistema de obturación esférico ou de comporta accionado por cadradillo, en función do diámetro da acometica. O conxunto irá aloxado en arqueta rexistrable de fundición enrasada co pavimento, co indicativo AUGAS e frecha de sentido do fluxo de auga
D) Caixa de medida: irá aloxada nun lugar accesible e visible dende a vía pública no límite exterior da finca ou cuarto de contadores en zonas comúns, contará con válvula de corte de entrada, contador, limitador de presión, filtro en Y e válvula de corte de saída con retención (e en caso necesario válvula reguladora de presión).
O contador será normalizada de tipo (R-100 ou superior y de diámetro DN 13 ou DN 15 para viviendas)
A substitución e mantemento dos contadores e chaves recae nos propietarios. Deberá subtituírse antes de 12 anos. No caso de que no momento da lectura do contador, se observase avería ou mal funcionamento deste, procederase ó cambio con cargo ao propietario, previo aviso.
En calquera dos dous casos o interesado comunicarase cos servizos municipais ou, de selo caso, a empresa do servizo de abastecemento de auga e saneamento do Concello , para que por esta se efectúe a correspondente conexión ás redes públicas e para que, no caso de que a obra de acometida implique uso do solo ou subsolo de dominio público municipal, se dirixan as obras neste tramo.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de autorización para acometida, abastecemento de auga e saneamento.
  • Escritura de propiedade / Contrato de arrendamento. Documento acreditativo do dereito a ocupar o inmoble para o cal se solicita o abastecemento.
  • Licenza de apertura (en caso de locais comerciais). Copia da licenza de apertura, acreditativa da actividade exercida, no caso de abastecementos solicitados para locais comerciais.
  • Informe técnico relativo á inspección da obra.
  • Xustificante de pago de taxas segundo as ordenanzas vixentes.

Nome: Autorización para acometida, abastecemento de auga e saneamento.

Unidade tramitadora:
Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Prazo de resolución:
3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.